¡¡¡NOVENO DÍA DE LA NOVENA EXTRAORDINARIA A SAN ROQUE Y SAN SEBASTIÁN: INVOCACIÓN POR PARTE DE UN PERIODISTA!!!

Este viernes 14 de agosto ha culminado la novena extraordinaria de rogativa y acción de gracias a San Roque y a San Sebastián, con una invocación a cargo del escritor y comunicador Rodrigo Cota. Ha reflexionado sobre el duro golpe que la pandemia global por coronavirus ha supuesto para el sector creativo y cultural, máxime cuando se trata de uno de los principales motores económicos de la ciudad: “Non esquezades que Pontevedra ten unha grande dependencia da actividade cultural, e por tanto moita xente que vive dela. A maior parte dos artistas, sexan actores, escritores, pintores, deseñadores, fotógrafos, debuxantes ou guionistas temos dificultades para chegar a fin de mes, cando chegamos”, ha dicho Cota; “pois imaxinádevos agora, santos Roque e Sebastián, estando a cousa como está, as dificultades que temos para atopar traballos”. En este sentido, ha tenido palabras de agradecimiento para todas aquellas personas que, durante el confinamiento, “adicaron eses meses a traballar de balde facendo cancións, escribindo textos ou creando arte na convicción de que poderían facer máis levadeira a vida dos demáis”.

INVOCACIÓN AL GLORIOSO SAN ROQUE Y A SAN SEBASTIÁN

Benqueridos santos Roque e Sebastián:

Como ben sabedes, nestes meses de confinamentos e medidas excepcionais que tanto sufrimento e incertidume veñen causando nesta cidade coma en todas, na miña condición de humilde escritor, tocoume vivir esta experiencia compartida coa miña familia na casa e con moitas persoas que se adican a actividades creativas e culturais. Na miña experiencia persoal, estes meses, non veño a mentir a dous santos, foron levadeiros, pois estou acostumado a vivir e traballar pechado na casa, onde as depresións e as alegrías se viven con gran intensidade e certa tranquilidade.

Pídovos que nos axudedes a seguir aguantando este pequeno calvario ata que a cencia atope unha solución definitiva. E polo que nos toca a quenes nos adicamos a calquera actividade creativa, pídovos, San Roque e San Sebastián a vosa interseción ante Deus  para todas esas persoas que na nosa Pontevedra adicaron eses meses a traballar de balde facendo cancións, escribindo textos ou creando arte na convicción de que poderían facer máis levadeira a vida dos demáis.

Quero lembrarvos que a arte existe grazas á relixión. As primeiras manifestacións culturais de Galiza, en forma de petroglifos que tanto abondan no noso país tiñan como obxecto acadar a protección divina, e despois, ao longo dos séculos, nunha Galiza cristiana, temos grandes exemplos como o desta basílica de Santa María, que é unha grande obra de loubanza a Deus pero tamén unha grande obra de arte inspiradísima na que traballaron Xan Noble e Cormelis de Holanda, a quenes vos pedimos, Roque e Sebastián, que lles transmitades un agarimoso saúdo da nosa parte, aínda que seguramente están escoitando esta invocación ao voso carón.

Quero agradecervos o voso amor a esta cidade, onde sabedes que se vos quere ben porque sodes dous santos moi famosos que sempre respondestes debidamente aos rogos dos veciños e veciñas de Pontevedra. Incluso para un pésimo cristián como son eu, é un consolo saber que temos no santoral a dous santos coma vos que sempre estades pendentes da xente de Pontevedra.

Non esquezades que Pontevedra ten unha grande dependencia da actividade cultural, e por tanto moita xente que vive dela. A maior parte dos artistas, sexan actores, escritores, pintores, deseñadores, fotógrafos, debuxantes ou guionistas temos dificultades para chegar a fin de mes, cando chegamos. Pois imaxinádevos agora, santos Roque e Sebastián, estando a cousa como está, as dificultades que temos para atopar traballos. Por toda esa xente vos pido de corazón que nos botedes unha man e intercedades ante Deus, a ver se nos pode facer a vida un pouco máis levadeira.

Finalmente, quero darvos as grazas por tantos séculos de fidelidade á nosa cidade, que ben sabedes que é un sentimento mutuo.

Rodrigo Cota