Mans Unidas é a asociación da Igrexa
Católica en España para a axuda, promoción e mellora dos países máis
desfavorecidos e en vías de desenvolvemento. Leva 60 anos de experiencia
loitando para acabar coa fame no mundo. A campaña deste ano preséntase baixo o
lema: “Quen máis sofre o maltrato ao planeta non es ti”.
O que
pretendemos nesta campaña é dar a
coñecer que a mellora das condicións de vida é compatible cun medio ambiente
saudable. Debemos protexer a natureza, porque o deterioro do medio ambiente non
se debe desvencellar da fame, da pobreza e da exclusión, xa que constitúen as
dúas caras dunha mesma realidade, marcada pola inxustiza e a desigualdade. Mans
Unidas traballa para sensibilizar á poboación sobre esta realidade e sobre a
urxencia de reaccionar a tempo antes de que sexa demasiado tarde. Por isto, en
Mans Unidas seguiremos traballando polos máis desfavorecidos da Terra.
Nani Palomo, voluntaria de Manos Unidas.
(Extraído del Pedras Vivas de Febrero)
No te pierdas el próximo jueves, día 6, a las 19:30 h., en el Colegio Calasancio, la conferencia, impartida por la misionera Lola Pérez Carrasquilla, que lleva por título:
“A relación entre a fame, a pobreza e o deterioro do Planeta”