¡¡¡SEGUNDO DÍA DE LA NOVENA EXTRAORDINARIA A SAN ROQUE Y SAN SEBASTIÁN: INVOCACIÓN POR PARTE DE LOS CENTROS SARAIVA DE ATENCIÓN A PERSONAS MAYORES!!! !!!

Continuamos con la novena extraordinaria de rogativa y acción de gracias a San Roque y a San Sebastián. La invocación de hoy ha corrido a cargo de Ricardo Fra Otero, miembro del equipo de dirección de los Centros SARAIVA de atención a personas mayores, quien con sus palabras ha destacado la importancia de colaborar al máximo en la plasmación de las medidas preventivas y de protección que se están tomando para paliar los efectos directos e indirectos derivados de esta pandemia, sin bajar nunca la guardia. 


Recuerda que el colectivo más vulnerable lo conforman las personas mayores y reclama más concienciación al respecto, puesto que “unha sociedade que reivindica liberdades, dereitos, sen valorar a inmensa aportación que fixeron e fan os nosos maiores, non é unha sociedade xusta. Un sociedade que non valora a sabedoría dos maiores é unha sociedade inculta, falta de fe, falta de sentimentos e, sobre todo, falta de sentido común”.

Fra Otero ha elevado dos peticiones a San Roque y a San Sebastián, históricos protectores de Pontevedra contra las enfermedades contagiosas: que la sociedad no prescinda y abandone a sus mayores, pues “onde non hai recoñecemento polas persoas maiores, non hai futuro para os máis xóvenes” y que se proteja especialmente a aquellas entidades y particulares implicados en la lucha contra la Covid-19, especialmente al sector sociosanitario. En este sentido, Fra Otero señala que la mejor herramienta con la que combatir al virus es la solidaridad, la empatía, el respeto y el amor al prójimo.

Esta novena extraordinaria proseguirá hasta el día 14 (con la salvedad del domingo 9), por partida doble: en horario matutino, en la Real Basílica de Santa María la Mayor, a las 11:00 h., en este caso con invocación; y en horario vespertino, en la Capilla del Santo, a las 19:00 h. En cuanto a las invocaciones, mañana tomará el relevo un paciente ya recuperado de Covid-19, Bernardino Núñez.

INVOCACIÓN AO GLORIOSO SAN ROQUE E A SAN SEBASTIÁN

Aos nosos benqueridos San Roque e San Sebastián:

Son tempos complexos, son tempos da pandemia do COVID 19. Dende o pasado 15 de marzo vivimos unha situación anómala nos nosos camiños, na nosa comunidade, no noso país e no mundo enteiro; despois de tantos meses de confinamento, de incertidume, de medidas extraordinarias, de moitas veces non saber que facer…, só
podo dicir, no meu nome e no dos meus compañeiros e compañeiras que traballan nos centros de atención residencial a persoas maiores, que o colectivo máis afectado por este virus foron e están sendo as persoas maiores, os nosos maiores.

Dou grazas a Dios e ao gran traballo realizado por grandes profesionais do sector sociosanitario, xa que tivemos a honra de non deixar entrar ao COVID19 en SARAIVA. Tamén son coñecedor do gran número de contaxios e falecementos que si se produciron en residencias, hospitais ou nos seus propios domicilios, así como da soidade na que moitos se viron inmersos pola distancia dos seus seres queridos ou de outras circunstancias.

O vivido sempre nos fai reflexionar, fainos pensar e valorar o que temos e o que somos como sociedade, como comunidade, como Igrexa…, unha sociedade que se levantou nestes momentos de pandemia para intentar derrotar ao virus da COVID19 desde o que mellor sabemos facer, desde a solidariedade, desde a empatía, desde o respeto e o amor ó veciño/a. Agora ben, unha sociedade que reivindica liberdades, dereitos…, sen valorar a inmensa aportación que fixeron e fan os nosos maiores, non é unha sociedade xusta. Un sociedade que non valora a sabedoría dos maiores é unha sociedade inculta, falta de fe, falta de sentimentos e, sobre todo, falta de sentido común.


As persoas maiores ensínannos a apoiarnos os uns os outros, ofrecen todo o que teñen, dan cariño, dan paz, dan sabedoría, dan sen esperar nada a cambio, e non debemos esquecelos. Foron eles e elas os que loitaron contra ventos e mareas para disfrutar dos moitos dereitos e bens que a día de hoxe se disfrutan na sociedade actual.

Escoitei dicir ao Papa Francisco: “La desorientación social y, en muchos casos, la indiferencia y el rechazo que nuestras sociedades muestran hacia las personas mayores, llaman no sólo a la Iglesia, sino a todo el mundo, a una reflexión seria para aprender a captar y apreciar el valor de la vejez” (Audiencia del papa Francisco a los participantes en el Congreso Internacional “La riqueza de los años”, Dicasterio para los Laicos, Familia y Vida, 31/01/2020).

Agora ben, debemos comprender e entender o pasado, para vivir o presente e preparar o futuro; sabemos que hai que seguir atentos, non debemos baixar a garda, debemos ser responsables e aplicar todas as medidas preventivas e de protección que sexan necesarias. As nosas administracións, profesionais, investigadores, científicos…, están traballado para paliar, na medida do posible, os efectos directos e indirectos desta pandemia e nós, como sociedade e Igrexa, debemos colaborar con todas as nosas forzas e con toda a nosa Fe.

E polo tanto, queremos presentarlle a Deus, ao noso señor, mediante a intercesión de San Roque e de San Sebastián que:

1. NON PERMITA que a sociedade abandone aos maiores e se prescinda da súa sabedoría xa que, onde non hai recoñecemento polas persoas maiores, non hai futuro para os máis xóvenes.

2. e QUE DEUS protexa aos profesionais da saúde que día a día ofrecen a súa mellor cara para acompañar, coidar e curar aos enfermos e aos nosos maiores. Que protexa e dé forzas a todas as entidades que antes, durante e na actualidade da pandemia, están a loitar na nosa comunidade e polo mundo enteiro para dar unha esperanza a todos/as aqueles que o necesitan.

Quero rematar cunha cita da Comisión Episcopal para a Pastoral Social e a Subcomisión de Familia e Defensa Da Vida: “Conscientes dese papel insubstituíble dos anciáns, a Igrexa convírtese nun lugar onde as xeneracións están chamadas a compartir o Plan de amor de Deus, nunha relación de intercambio mutuo dos dons do Espíritu Santo. Este intercambio interxeracional obríganos a cambiar a nosa mirada hacia as persoas maiores, a aprender a mirar o futuro xunto con eles. Os anciáns, as persoas maiores, non son só o pasado, senón o presente e o mañá da Igrexa”

Ricardo Fra

Equipo de dirección dos Centros SARAIVA de atención a persoas maiores